Os escolares de Mos descobren o valor das mascotas na sociedade actual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Actividade "Descobre o teu mellor amigo" en Mos

Actividade “Descobre o teu mellor amigo” en Mos

80 escolares de Mos, participaron na actividade educativa “Descobre ao teu mellor amigo” organizada pola concellería de Educación e Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón.

O Concello de Mos, en colaboración co Centro Canino brinCAN, desenvolveu unha sesión de sensibilización na tenencia responsable de mascotas, dirixida ao alumnado de 4º e 5º cursos de Educación Primaria. Esta sesión enmarcouse dentro do programa de actividades escolares complementarias en horario lectivo, que desenvolve a concellería de Educación mosense nos centros educativos do municipio. Nela, os participantes descubriron que importantes funcións desempeñan as mascotas na sociedade e como contribúen a mellorar a nosa calidade de vida.

Ademais, os escolares participantes na iniciativa aprenderon a identificar as necesidades fundamentais dos animais domésticos, así como a responsabilidade e o compromiso que se adquire con eles ao longo de toda a súa vida. 

O equipo técnico do Centro Canino brinCAN, formado por Tania Penas (Enfermeira, Educadora Canina e Técnico en Terapia Asistida con Animais), Viky Lago (Educadora Social e Técnico en Terapia Asistida con Animais) e Ron (Can de Terapia), ofreceron ós cativos mosenses unha experiencia didáctica interactiva na cal, a través do xogo e o coloquio dirixido, buscábase que os escolares desenvolveran unhas adecuadas actitudes cívicas e un respecto e amor cara á súa contorna.

7 de decembro de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.