publicidade hoxe

Os cativos da Guarda xogarán coas diferentes pezas do traxe tradicional galego no obradoiro “Viste o teu Cadro!”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este sábado, os nenos e nenas da Guarda, teñen unha cita no Centro Cultural da vila xa que está programado o obradoiro “Viste o teu Cadro!”, enmarcado dentro do programa da exposición do Museo de Pontevedra “Vestidos con pincel, cosidos con agulla”.

Nesta actividade os rapaces traballarán cunha aplicación, producida pos CreAPPcuentos, que lles permitirá crear os seus propios cadros colocando as pezas do traxe tradicional galego nos diferentes personaxes.

O número de participantes é limitado polo que aqueles que estean interesados en acudir ao obradoiro deben inscribirse ata este venres, día 18 de xaneiro, no Departamento de Cultura do Concello da Guarda, no número de teléfono 986 61 00 00 ou a través do mail cultura@aguarda.es

O obradoiro comezará ás 11,30 horas e será dunha hora e media de duración.

Mostra aberta

No Centro Cultural da Guarda a exposición “Vestidos con pincel, cosidos con agulla” estará aberta ata o domingo, 27 de decembro.

Esta mostra, a través de reproducións de cadros de autores coma Sotomayor ou Máximo Ramos, fai un percorrido pola historia e a evolución do traxe tradicional galego.

16 de decembro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.