Os cativos da Guarda decoran as árbores de Nadal do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Decoración da árbore de Nadal

Decoración da árbore de Nadal

A Concellería de Cultura do Concello da Guarda organiza diferentes obradoiros para animar o Nadal dos nenos e nenas da vila. O sábado, 12 de decembro, celebrouse o primeiro dos talleres. Nel, quince nenos con idades comprendidas entre os seis e os once anos, xunto cunha monitora, fixeron diferentes adornos para as árbores do concello.

Os rapaces e rapazas traballaron, por exemplo con goma eva, purpurina ou diferentes pinturas, para conseguir os adornos máis orixinais. 

Unha vez terminados os participantes no obradoiro decoraron as dúas árbores que darán a benvida a todos os veciños e veciñas que se acheguen ó Concello durante as datas de Nadal. 

Próximas datas

Están previstos outros obradoiros.

Así o martes 22 de decembro de 10 a 13 horas na Casa dos Alonsos está programado un obradoiro musical e o día 29 outro taller no que farán a  decoración para a recepción dos Reis Magos. 

Por outra banda, o sábado día 19, na Praza de Abastos durante a mañá, haberá animación para nenos e nenas.

14 de decembro de 2015 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.