Os bombeiros de Pontevedra recollerán alimentos e xoguetes para Redeaxuda e Boavida o día 27
Os Bombeiros de Pontevedra realizarán unha nova xornada de portas abertas o vindeiro domingo, 27 de decembro, con motivo do Nadal para que a cidadanía coñeza o traballo deste equipo técnico do Concello.
A entrada é de balde, pero a cambio os bombeiros solicitarán aos visitantes alimentos non perecedeiros ou xoguetes que enviarán ás entidades Redeaxuda e Boavida.
O parque estará aberto de 10.00 a 14.00 horas.











