Os atletas pontevedreses comezan a realizar as marcas de clasificación para os nacionais
O Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, foi escenario das primeiras competicións de atletismo baixo teito e alí estivo un grupo de atletas da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, do que un par deles, conseguiron a marca mínima esixida pola RFEA para acudir aos nacionais de pista cuberta.
Trátase de Darío Costas, o cal con 7.06 nos 60 metros lisos, superou a marca de cualificación para o nacional júnior; aínda que o seu obxectivo pasa por acudir na especialidade de probas combinadas, tempo ten para conseguir o rexistro necesario. Outro dos agraciados foi Marco Martínez, que os 1,72 que saltou na Altura, déronlle o pasaporte para o nacional cadete.
Pero ademais hai que resaltar as vitorias do propio Marco nos 60 metros valas cadete con 9.51 e de Darío Castos nos 60 metros valas junior.
O segundo posto de David Ferrer no salto de lonxitude e o terceiro lugar de Paula Martín nos 60 metros valas femininos.
En Madrid Gonzalo Sánchez-Camacho, consegue a mínima para a nacional Promesa
No Trofeo de Nadal de Madrid de pista cuberta, na que foi a súa primeira competición da tempada, o atleta da Sociedade Ximnástica, Gonzalo Sánchez-Camacho, conseguiu a marca de clasificación para o nacional sub23 de pista cuberta, na distancia de 60 metros.
Ademais cun brillante rexistro de 6.99 e conseguindo o segundo posto no Trofeo.
Tamén debutou Eduardo Gallardo na distancia de 400 metros, asinando un rexistro de 49.24. Aínda terá máis carreiras para achegarse aos 48.60 que pide a Federación para o nacional absoluto.
Noutro punto da península, concretamente en Valladolid, Iván Blanco correu nunha distancia á que non é asiduo, os 1.500 metros, o especialista de obstáculos da Ximnástica, non o fixo nada mal, conseguindo a terceira posición e un rexistro de 4.07.35.
En Valencia, Roberto Gaya participou no seu primeiro Triplo Salto da tempada, sen chegar aos 14 metros, aínda así a distancia que fixo de 13.73 metros, bastoulle para levar o triunfo na proba.
Para terminar, na localidade de Manzanares, en Ciudad Real Real, Manuel Castellanos foi outro dos que debutou, nesta ocasión na proba de lanzamento de xavelina, gañando a mesma con 54.59
Mañá a Sociedade Ximnástica celebra a súa Asemblea Anual de Socios e Elección de Presidente
Mañá a partir das oito da tarde en primeira convocatoria e oito e media en segunda convocatoria (sempre que na primeira convocatoria non estean presente a maioría dos socios), dará comezo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, a Asemblea Xeral Anual de Socios da Sociedade Ximnástica. Na que á habitual orde do día deste tipo de reunións, rendición de contes, memoria da actividade realizada e propostas dos Socios; engádeselle a elección de Presidente da Sociedade.
Ramón Touza Prieto, termina o seu actual mandato de 4 anos como Presidente e toca a elección de Presidente, segundo rexen os Estatutos da Sociedade.











