Os alumnos das escolas infantís da provincia de Ourense participan nas actividades programadas polo Nadal
A delegada territorial de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá a escola infantil Antela con motivo das actividades navideñas que se están a desenvolver nos centros da rede autonómica A Galiña Azul dependentes da Consellería de Política Social. A máxima representante do Goberno galego en Ourense acompañada do xefe territorial de Política Social, José Selas, e o director da gardería, Xosé Manuel Rodríguez, acompañaron aos seus alumnos e alumnas nun dos actos máis entrañables programados por esta gardería neste Nadal: a visita de Papá Noel.
Díaz Mouteira puido comprobar os nervios, a ledicia e a ilusión dos pequenos que gozaron ao recibir a visita de Papá Noel, e quen lles agasallou cuns regalos amais de escoitar as súas peticións.
Os alumnos e alumnas deste centro levan todo o mes de decembro participando en actividades asociadas ao Nadal: elaboración de postais con motivos navideños realizadas con técnicas infantís por cada unha das familias das nenas e nenos que asisten á escola, montaxe do belén cunha participación activa do alumnado, decoración das aulas e ensaios de xogos e panxoliña. Para rematar as actividades do Nadal os pequenos desta escola infantil recibiron a visita do mítico home de vermello.
Actividades semellantes as organizadas na gardería emprazada no barrio do Couto da cidade ourensá repítense estes días nas outras 23 escolas infantís da rede autonómica que funcionan na provincia de Ourense e que ofertan en total 1.116 prazas.











