Ordes acollerá unha nova edición do seu Mercado de Nadal Artesán esta fin de semana
O Concello de Ordes acollerá esta próxima fin de semana unha nova edición do seu Mercado de Nadal Artesán. O lugar escollido para a súa localización é a Alameda, no corazón da vila ordense, onde estes días se está a instalar unha gran carpa que acollerá aos case 30 postos que participarán nesta segunda edición.
Entre todo o que se poderá adquirir tanto o sábado como o domingo haberá creacións feitas con la pura de ovella, pezas calcetadas e de gancho, coiro, sombreiros de palla, figuras en goma eva, xabóns, instrumentos musicais, bixutería e adornos e todo tipo de agasallos de Nadal. Ademais tamén se ofrecerán produtos de alimentación, como turróns ou embutidos.
A maioría dos participantes nesta primeira edición do mercado de Nadal proceden da comarca de Ordes, e permanecerán cos postos abertos dende as 11 ata as 20 horas aproximadamente.











