Ocio alternativo de Nadal no Espazo Lusquiños de Ourense
O Concello de Ourense, a través da Concellería de Xuventude, propón unha serie de actividades para a mocidade, recollidas no programa “Días de Nadal no Lusquiños” que teñen como obxectivo prioritario ofrecer aos nosos mozas e mozas alternativas de lecer durante as vacacións de Nadal.
Así, durante esta fin de semana, haberá as seguintes actividades no Espazo Lusquiños (Avenida de Marín, 16)
SCALEXTRIC SOLIDARIO
Día: Ata o 22 de decembro
Horario: de 17 a 21:00
Descripción: Durante estes días estará instalado no auditorio do Espazo Lusquiños un scalextric para todo o que queira participar. O único requisito será, que cada persoa que queira participar, deberá aportar un kilo de alimentos ou ben un xoguete.
O día 22 culminará cun Campionato de Scalextric.
Durante estes días tamén haberá unha exposición de coches de Slot.
As donacións serán para o Banco de Alimentos e para a Campaña da Concellería de Voluntariado de Ourense, “Cumprindo Ilusións”.
TALLER DE INICIACIÓN AO MODELISMO E PINTURA. (Miniaturas)
Día: sábado 19 decembro
Horario: de 17:30 a 20:30
Descripción: Durante os “Días de Nadal no Espazo Lusquiños”, realizarase un pequeno curso de 3 horas para iniciar a os asistentes no hobby do modelismo e o pintado de miniaturas. Neste cursillo impartiranse os seguintes temas:
Preparación das distintas partes dunha miniatura para a sua montaxe. Esto inclúe:
– Separación da matriz.
– Eliminación de marcas de molde e resto de cortes
Montaxe dunha miniatura
Técnicas básicas de pintado dunha miniatura:
– Imprimación
– Capa base
– Pincel seco
– Sombras
– Barnizado
Nº de participantes: 15 mozos e mozas
Inclúe: material incluído
TALLER-EXHIBICIÓN DE IMPRESIÓN 3D ESPECIAL NADAL
Día: luns 21 de decembro
Horario: de 17:30 a 20:30
Descrición: Realizarase un taller ameno e práctico utilizando impresora dende o primeiro momento.
Programa:
1º Realizarase unha charla presentación do que é a impresión 3D, na que se fala sobre os comenzos, evolución e momento actual, utilidades, saidas laborais, etc.
2º Impresión de peza
3º Presentación dos software utilizados para modelado e impresión.
Nº de participantes: Ata cubrir aforo











