O xurado elixe o cartel da Cabalgata entre 173 debuxos de escolares de Vilagarcía
Un total de 173 debuxos concorren este ano ao concurso de Carteis da Cabalgata de Reis 2016. O xurado reuniuse este mediodía no Auditorio para examinar todos os traballos presentados por escolares da cidade e elixir o debuxo co que se promocionará o esperado evento.
A concelleira de Cultura, Sonia Outón, presidiu o xurado integrado ademais por un representante de Ahituvi, un de Zona Aberta, un membro da Comisión organizadora da cabalgata e unha fotógrafa de prensa.
A maioría inmensa maioría dos debuxo que se presentaron ao concurso fixérono a través dos centros educativos. En concreto dos colexios Arealonga, A Lomba, Rosalía de Castro, Rubiáns e Sagrada Familia; aínda que tamén concorreron cinco concursantes de xeito individual.
Segundo establecen as bases elixiranse un debuxo gañador, que será o que ilustre o cartel oficial da Cabalgata e concederase un accésit ao segundo mellor valorado, que será o que se reproduza nas tarxetas informativas co percorrido da comitiva durante a visita dos reis Magos a Vilagarcía.











