O vilán Gru enche o auditorio da Casa da Cultura nas Noites de cine

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Noites de Cine en Ordes

Noites de Cine en Ordes

O auditorio da casa da cultura encheuse de nenos e nenas que non se quixeron perder un dos títulos de maior éxito en películas de animación dos últimos tempos ‘Gru. Mi villano favorito 2’. Noite de cine é unha iniciativa desenvolvida polo Departamento de Cultura do Concello de Ordes e que contou coa colaboración da Deputación da Coruña. Un bo xeito de desfrutar do mellor cine para todos os públicos, e rodeados de amigos, veciños e familiares.

9 de decembro de 2015 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.