O SUP asegura que os axentes encargados da seguridade de Rajoy fixeron o seu traballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Europa Press

O vicesecretario xeral do Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Galicia, David Fernández, asegurou este xoves que os axentes encargados da seguridade de Mariano Rajoy “fixeron o seu traballo”.

Estas declaracións prodúcense logo da agresión que sufriu o presidente do Goberno cando participaba este mércores nun acto da campaña electoral en Pontevedra. Fernández cualificou de “lamentable” e “imperdoable” o sucedido.

Dito isto, mantivo mantivo que “os policías encargados da súa seguridade fixeron o seu traballo”. “Pero obviamente, cando queremos ter certa proximidade co cidadán, redúcese a seguridade, isto é obvio”, puntualizou.

17 de decembro de 2015 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.