O Rio Natura Monbus Obradoiro premia a creatividade no Concurso de Postais NaviObra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Postal gañadora

Postal gañadora

O Rio Natura Monbus Obradoiro xa elixiu aos gañadores do III Concurso de Postais NaviObra, que este ano viraba ao redor da temática da Copa do Rei 2016.

O Xurado elixiu como primeiro premio, e por tanto, felicitación oficial do club este Nadal, o debuxo presentado por Katia Tojo Soto, alumna do Colexio Manuel Peleteiro. A escolar, cun creativo debuxo da Catedral Santiaguesa e a torre de Hércules escudando o trofeo da Copa, levará tamén de agasallo un Balón Obra e dúas entradas para o partido do Rio Natura Monbus Obradoiro ante o Montakit Fuenlabrada en Sar, ademais dunha invitación dobre para o partido ante MoraBanc Andorra, onde se realizará a entrega dos demais premios.

O segundo premio é para David Moure Seoane, membro do equipo preminibasket do club, que deu vida ao trofeo copeiro e vestiuno ademais de Papá Noel. O pequeno, de 9 anos, levará de agasallo un pantalón de xogo oficial, que se lle entregará, do mesmo xeito que o primeiro premio, no primeiro partido do ano en Sar, ante o MoraBanc Andorra, ao que estará convidado.

Por último, o colexio que leva o premio grupal por entregar un total de 74 postais, máis que calquera outro, é o compostelán Nosa Señora dos Remedios. Así, todos os participantes no concurso deste centro serán convidados o partido ante o Iberostar Tenerife. 

Tamén a propia Liga Endesa fará entrega dos premios correspondentes a “O meu equipo na Copa”, concurso de debuxo realizado no hall de Sar durante os últimos partidos en casa. O primeiro clasificado, Ramón, levará unha camiseta oficial do Rio Natura Monbus Obradoiro , un balón ACB, un llavero ACB e unha guía Liga Endesa. O segundo premio foi para Alicia Hermida, que levará un balón ACB, un llavero ACB, e un caderno e guía da liga Endesa. Por último, o terceiro clasificado, Unai Chagoyen, levará un Balón ACB e unha Guía da liga Endesa. 

21 de decembro de 2015 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.