O Rio Natura Monbus Obradoiro enfróntase a ICL Manresa no Partido Solidario Gadis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro volve este fin de semana a Sar para enfrontarse ao  ICL Manresa (20.00 horas – non televisado), cita que será o Partido Solidario Gadis. Gadis, membro do Club de Empresas Obradoiro, fai deste encontro o Partido Solidario, no que os afeccionados se poderán pór o seu gran de area cos máis desfavorecidos e obter ao mesmo tempo un prezo especial na súa entrada. Será a ocasión de “presumir como galegos” de solidariedade, como reza a última campaña publicitaria da cadea galega.

Todos os afeccionados que acudan ás oficinas cun ticket de compra en Gadis dun importe igual ou superior a 40 euros, poderán comprar até catro entradas por 10 euros cada unha, situadas en Tribuna 2. Ademais, Gadis comprométese a doar un quilo de alimentos non perecedoiros por cada ticket que sexa usado con esta promoción, que entregarán posteriormente os propios xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro.

Doutro xeito, os prezos para o partido contra ICL Manresa son en tarifa xeral de 19 euros en Fondos e Tribunas 2, 25 euros en Tribunas 1 e 29 euros en Tribunas Retráctiles. Os prezos reducidos para menores de 18, estudantes menores de 25, federados do baloncesto, parados de longa duración ou maiores de 65 son de 15 euros en Fondos e Tribunas 2 ou 19 euros en Tribunas 1.

As entradas pódense adquirir tanto mediante a páxina web do club (www.obradoirocab.com) como en oficinas, con horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. A promoción tamén está dispoñible en despacho de billetes o día de partido. 

7 de decembro de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.