O Rexistro do Concello de Ourense trasládase ás dependencias da Policía Local os vindeiros 24 e 31 de decembro
Os cidadáns que desexen empregar o Rexistro do Concello de Ourense os vindeiros días 24 e 31 de decembro deberán facelo nas dependencias da Policía Local (rúa Victoria Kent 1) en horario de 9:00 a 14:00 horas, xa que as instalacións do Concello permanecerán pechadas.











