publicidade hoxe

O Presidente da Deputación de Lugo mantén un encontro con maiores do Valadouro no obradoiro “O móbil como ferramenta diaria”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoO Valadouro
A-
A+

Campos Conde destacou no encontro que “tanto na Deputación como na Fundación TIC estamos moi sensibilizados cos nosos maiores e as súas necesidades, pois Lugo está no top ten das provincias máis avellentadas da Unión Europea. Conscientes desta situación, desde a Deputación e a Fundación TIC apostamos nos últimos anos polo envellecemento activo dos lucenses de máis de 55 anos a través de diversos programas xestionados pola Fundación TIC a través do Centro de Innovación Social InLugo”.

“Grazas a estas actividades, pensadas para aumentar a súa autonomía e autoestima, e reforzar as súas capacidades cognitivas e funcionais, melloramos a comunicación dos nosos maiores coa sociedade posto que cun maior coñecemento das novas tecnoloxías poden relacionarse a través delas cos seus familiares e amigos de diferentes idades e lugares”.

O móbil como ferramenta diaria, co que se pretende amosar as vantaxes do uso do teléfono móbil na vida diaria das persoas maiores, posibilitándolles os coñecementos para realizar chamadas de emerxencia ou o uso da alarma e da axenda para recordatorios
InLugo 2015
O Centro de Innovación Social InLugo, que xestiona a Fundación TIC, pecha o último trimestre de 2015 cun amplo programa destinado aos lucenses de máis de 55 anos. Inclúe obradoiros en diversos puntos da provincia sobre nutrición e o uso do móbil e a tablet na vida cotiá, así como actividades relacionadas con estas festas, que culminarán o 22 de decembro coa xornada Nadal: Sons e Recordos, aberta ao público na sede do InLugo.

18 de decembro de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.