publicidade hoxe

O prazo de recollida de xoguetes para o Centro de Recursos Solidarios de Narón remata mañá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A campaña de recollida de xoguetes para o Centro de Recursos Solidarios de Narón rematará mañá nas Escolas Infantís Municipais, nos centros educativos da localidade, na Biblioteca Municipal do Alto, na academia September (no número 883 da estrada de Castela) e nas instalacións do propio Centro de Recursos Solidarios. As persoas interesadas en colaborar poderán continuar entregando os xoguetes, novos ou de segunda man, no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro ata o vindeiro día 19 e tamén no festival que o motoclube Fojeteiros celebrará ese día na praza de Galicia co mesmo fin solidario.

A concelleira de Acción Social, Catalina García, recordou que as persoas que desexen recoller algún destes xoguetes deben anotarse no Servizo Sociocomunitario do Concello ata o día 18, para proceder á entrega dos mesmos o día 30 de decembro. Así mesmo, todas aquelas persoas interesadas en colaborar como voluntarias nas tarefas de recollida e clasificación do material recollido tamén teñen que anotarse no Servizo Sociocomunitario Municipal.

9 de decembro de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.