O pleno para a aprobación definitiva da revisión das ordenanzas fiscais de 2016 celebrarase o día 17

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O alcalde, Alberto Varela, convocará para o venres da próxima semana, día 17 de decembro, un pleno extraordinario para a aprobación definitiva da revisión das ordenanzas fiscais municipais para o ano 2016.

O pasado venres, 4 de decembro rematou o prazo de un mes no que a revisión das taxas estivo exposta ao público despois de que se aprobara inicialmente no pleno extraordinario do 19 de outubro. As únicas alegacións presentadas son as formuladas por esquerda Unida.

En canto á sesión ordinaria correspondente ao mes de decembro, que correspondería celebrar o día 31 por ser último xoves do mes, esta terá que cambiarse de data, xa que ese día non é laborable para as administracións. O rexedor anunciou que consensuará coa oposición a data da convocatoria.

Dada a necesidade de mudar o día do pleno ordinario e dado que tamén está por convocar a sesión para debate dos Orzamentos Municipais de 2016, cómpren dúas posibilidades: facer coincidir as dúas convocatorias nun mesmo día, ou acomodalas en datas diferentes.

9 de decembro de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.