O Pazo da Cultura de Narón acolle a representación de “Roi e a fada”
O Pazo da Cultura acollerá mañá a representación da curtametraxe “Roi e a fada”, na que se relatan as lendas da Pena Molexa e cuxos actores son veciños e veciñas do Val, parroquia onde se celebra cada ano unha festa na que se mantén viva esta tradición. A proxección comezará ás 20.30 horas e as persoas interesadas en acudir poden recoller as entradas, de balde, na taquilla do Pazo da Cultura. A película rodouse no ano 2006 baixo a dirección de Eduardo Pereira e Ramón Iglesias.
A historia da Pena Molexa baséase nunha fada moura, que na Idade Media quedou petrificada por amor e que agora se pode ver como tal nos montes da parroquia naronesa do Val. Coincidindo co solsticio de verán a fada volve á vida para elixir un mozo que se ve obrigado decantarse por ela ou por un tesouro, escollendo eles a segunda opción, o que fai que a fada quede de novo petrificada. O filme baséase nos libros de lendas do historiador municipal, Andrés Pena Graña e chegou á final dun certame de cine en Oleiros.











