O Partido Popular de Vigo advirte de que a anulación do PXOM afecta ao presuposto
O grupo municipal do PP no Concello de Vigo advertiu este luns de que a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) afecta ás previsións de ingresos polo IBI e, polo tanto, afecta directamente ao presuposto municipal para 2016.
Segundo recordou a voceiro do grupo, Elena Muñoz, o próximo mércores está prevista a celebración do pleno extraordinario para aprobar definitivamente os presupostos municipais de 2016, que ascenden a 226 millóns de euros.
O PP, confirmou, solicitará a suspensión dese pleno, habida conta de que a anulación do PXOM fixo que entre en vigor o plan anterior, o do 1993. Así, indicou Elena Muñoz, altérase o cálculo de ingresos por IBI (estimados en 60 millóns de euros) porque hai que modificar o padrón para adaptalo ao plan agora vixente.
Segundo a voceiro popular, o goberno debe facer un informe para saber como afectan os cambios ao documento presupostario, antes de que sexa aprobado definitivamente. “Se hai que modificar o presuposto, que se modifique”, sentenciou.











