O orzamento municipal e os Fondos Feder sométense a debate nos consellos parroquiais de Tomeza e Salcedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Os consellos parroquias de Tomeza e Salcedo reuniranse esta tarde para coñecer o avance do proxecto de orzamentos municipais 2016 e tamén a convocatoria dos fondos europeos Feder, aos que optará o Concello ao comezo do ano, nunha contía máxima de 15 millóns de euros. Unha posíbel inxección de cartos da que se poderían beneficiar proxectos parroquias e interparroquiais.

O coordinador do Rural e concelleiro delegado das dúas parroquias, Demetrio Gómez, trasladaralles ás veciñanzas as liñas xerais do plan orzamentario do Concello de Pontevedra paro o ano 2016, que roza os 72 millóns de euros e as súas guias. O proxecto conta co ditamen favorable da Comisión de Economía e está pendente de tramitación.

O Goberno local procura uns orzamentos participativos –recollera suxestións antes de redactar o proxecto- e o máximo consenso cos veciños e veciñas a hora de priorizar os gastos nas parroquias o que fai necesario que dispoñan de información e que teñan canles abertos para debater propostas e tamén para facelas.

Encontros como os de hoxe en Tomeza e Salcedo repetiranse nas vindeiras semanas con outros consellos parroquiais co fin de acadar para os orzamentos e os fondos Feder o máximo consenso, un obxectivo esencial para o Goberno Local que ten na participación e a estensión da calidade urbana ao rural dous eixos básicos do programa de acción municipal deste mandato

2 de decembro de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.