O Nadal chega a Pontevedra cun gran abano de propostas infantís e a Feira de artesanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Pontevedra entrará mañá de cheo no Nadal coa inauguración de toda a programación festiva e de lecer, para nenos e adultos, que se manterá até o día de Reis.

Feira de Artesanía

Ás 12.00 horas abrirá as súas portas a Feira de Artesanía e Agasallo “Ponte Nadal” que manterase na praza do Teucro até o 5 de xaneiro. Na feira haberá 31 casetas de expositores (e unha de información) de comercio xusto, Centro de Día Amencer-Aspace, E. Ferro, Castelo do Sobroso, Cucadas e Antoxos, Pratanova, La casa de las piedras, Os Alegres, Cincelaser, Outras latitudes, Arco da vella, Nacnic, A Feitura, Peixe de Plata, Mis moños, Asociación Alba, Xakarandá, Api Pili Mel e Cosmética, Cervezas meigas, Das miñas mans, Les Siamoises, Montse Betanzos, Tricotrí-Tricotrá, Naturwear, Peluches térmicos, Biquiños Patchwork, A man sá, Artludic, Digna Soteliño, Iroma Artesanía e Aurora Crespo, Paula Pereira, María Martín e María Méndez.

A Feira de artesanía estará aberta de 11 a 14 horas e de 17 a 22 horas. Estará pechado o 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

Pontexogos

Ás 13.00 horas tamén abrirá as súas portas Pontexogos na praza de España, que estará aberto até o 4 de xaneiro en horario de 12 a 14.30 horas, e de 16.30 a 20.00 horas (os días 25 de decembro e 1 de xaneiro o espazo permanecerá pechado). Nesta programación pensada para cativos e non tan nenos, haberá:

• Carpa: Ludo mini (2-4 anos), Ludo pro (4-7 anos), obradoiro de Nadal, espazo crea (a partir de 8 anos), xogos tradicionais, photocall, cine interactivo, pintacaras fantasía, rolda de inxenio, globoflexia e inchables.

• Circuíto urbano

• Zona multiaventura: Tiro con arco, slackline, cróquet e xogos de puntería

• Rochódromo/tirolina

• Actividades nas prazas e espectáculos: xogos tradicionais, pintacaras fantasía, globoflexia, paracaídas e dinámicas grupais.

Espectáculos de maxia, actuacións de contacontos e espectáculos cómicos.

• Retos: “Coñece Pontexogos”, “Coñece o teu comercio”, “Onde atoparías? Bingo”, “O prezo xusto!”, “Inocente!”, “Súper reto”.

Nadalocio

Nadalocio abre as súas portas mañá pola tarde, a partir das 16.30 horas no Recinto Feiral de Pontevedra. O acceso ao recinto terá un custe de 1 euro. E dentro ofrecerase:

• Pista de xeo: aberto de luns a domingo de 16.30 a 23.00 horas. E de 12.00 a 19.00 horas os días 24 e 31 de decembro. O acceso á pista e os patíns son 5 euros, as lubas 1 euro. Os menores de 8 anos deberán ir acompañados de adulto.

• Parque de ocio: de 16.30 horas e de 21.00 horas de luns a domingo. O acceso ás actividades é de 3 euros.

• Zona infantil (até 6 anos) con 2 inchables e ludoteca

• Ocio infantil: inchables, tobogáns, xogo de competición, touro mecánico, circuíto de bicicletas

• Trampolín jumpers

• Circuíto de karts no exterior: 16.30 horas a 23.00 horas. Adultos 7 euros, infantís 5 euros, e biprazas 8 euros.

17 de decembro de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.