O musical da ‘Carapuchiña vermella’ chega ao auditorio municipal de Vilagarcía este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Despois do éxito que tivo hai uns meses co espectáculo de Os Tres Porqueiños, EducaTeatro Producións regresa esta fin de semana a Vilagarcía co musical ‘Carapuchiña Vermella’. Trátase dnha adaptación do clásico dos Irmáns Grimm que moderniza a historia e os personaxes do conto e introdúcelle unha banda sonora orixinal composta por sete cancións.

A proposta mestura teatro de actor con manipulación de corpóreos e voz en directo. A parte musical pretende transmitir aos máis pequenos valores como a ecoloxía e a igualdade, ao mesmo tempo que ensina a reciclar ou as profesións. Nesta adaptación modernizada do conto clásico, EducaTeatro introduce novosm personaxes, como un escritor que fai de narrador e tamén un lobiño pequeño que tratará de quitarlle o medo que os máis cativos lle soen ter ao gran lobo da historia.

Con motivo da presentación do musical, polo Parque Miguel Hernández e o Auditorio paseáronse esta mañá Carrapuchiña Vermella, o leñador e o lobo.

O elenco está composto por 4 actores (boa parte deles formados na Escola de Arte Dramática de Vigo) que interpretarán os distintos personaxes da obra. A duración da peza é de 50 minutos, e ao final da función, os cativos poderán sacar fotografías con Carapuchiña, a avoa, o leñador e, os máis valentes, tamén co lobo.

O musical, que se estreou en Redondela e que xa percorreu outras localidades provincia como Ponteareas, Baiona e Vigo, poderase ver no Auditorio Municipal este sábado, 5 de decembro, ás 17.00 horas.. As localidades siguen á venda en ataquilla.com, a un prezo único de 6€ máis gastos de xestión, e poderanse mercar tamén o mesmo día na billeteira do Auditorio. A venta marcha a mo bo ritmo polo que a produtora recomenda a compra anticipada para asegurarse a entrada.

EducaTeatro

Educateatro producións é unha produtora viguesa de teatro infantil que comezou a súa andadura hai dous anos co espectáculo ‘Os tres porquiños. Unha obra musical con bonecos a tamaño real’, que ata o momento escenificou máis de 50 funcións por toda Galicia colleitando grandes éxitos. Agora volve aos teatros galegos cunha nova proposta, ‘Carapuchiña Vermella. O Musical’ coa que continúa a revisar os clásicos infantís da literatura universal dándolle unha volta e introducíndolle tamén unha banda sonora coa que os cativos, ademais de divertirse, poidan aprender valores.

1 de decembro de 2015 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.