O Mesón do Vento acolle este sábado o I Feirón Adina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Este próximo sábado, 5 de decembro, O Mesón do Vento celebrará o I Feirón Adina. A cita desenvolverase no recinto feiral en horario de mañá e acollerá un gran mercado de produtos autóctonos con degustacións. O programa tamén inclúe unha feira de gando vacún, con vacas e bois; feira cabalar, feira de antigüidades e demostracións de cetrería.

Este I Feirón Adina está organizado pola asociación de veciños Campo da Festa San Pedro de Ardemil en colaboración co Concello de Ordes.

1 de decembro de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.