O Ludonadal e o Nadal dos Retos levan aos cativos de Pontexogos pola cidade
Ludonadal, as ludotecas que promove a Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (FANPA) en colaboración co Concello abriron hoxe as portas nos colexios públicos de Campolongo, Barcelos (en lingua inglesa), Marcos da Portela, Vilaverde- Mourente e Cabanas-Salcedo, cun amplo abano de actividades lúdicas que inclúen saídas ao exterior co fin de participar en actividades de rúa ou citas de Nadal programadas en outros espazos.
Ludonadal está pensada para nenos e nenas de 3 a 12 anos e estará aberto até o 5 de xaneiro.
Tamén pola cidade sairán os nenos e nenas que participen no “Nadal dos Retos” en Pontexogos, unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade. Será até o 3 de xaneiro (de 12:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas) na Praza de España.
Blog do evento: www.pontexogos2015.wordpress.com
Páxina de facebook: www.facebook.com/pontexogos
Hastag: #Pontexogos
Que é O Nadal dos Retos?
Con cada entrada recibirás un RETO, con diferentes pistas, relacionado co Comerio local. Se consegues o Reto, participas nun sorteo con premios de diferentes tipos, por cortesía dos nosos patrocinadores: Mercería Anabeti, Clínica ortodoncia MF, Office Center papelería…
Os retos conseguidos compartiranse polas familas nas redes sociais de Pontexogos, co hastag #Pontexogos (facebook, twitter), e así entran directamente no sorteo dos premios de Pontexogos.
Concerto de Nadal
Por outra banda o Teatro Principal acollerá mañá, 22 de decembro, ás 21 horas, o concerto de Nadal da Banda de Música de Pontevedra. A entrada é de 2 euros.











