publicidade hoxe

O Grove organiza actividades de cociña destinadas á xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Grove propóñense dúas actividades especificamente dirixidas á mocidade, máis concretamente a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos. Trátase de obradoiros que se celebrarán aproveitando o período de vacacións de Nadal e durante os meses de xaneiro e febreiro e que están orientadas á cociña.

O programa comeza cun obradoiro de cociña de nadal que se celebrará entre o 28, 29 e 30 de decembro en horario de 11.00 a 13.00 horas e que se centra na decoración e mantemento da mesa de Fin de Ano e Reis ademais de traballar na elaboración de entrantes, patros e postres de Nadal. Neste caso a matrícula é de balde sendo as prazas limitadas a 30 persoas polo que é precisa inscrición previa na OMIX (omix@concellodogrove.es) 

Xa nos meses de xaneiro e febreiro, os sábados en horario de 11.30 a 13.30 horas terá lugar un curso denominado “A mocidade tamén cociña” no que os mozos e mozas aprenderán a cociñar masa de pizza, hamburguesas, pratos con peixe, carne, aperitivos, etc… Neste caso o curso ten un custo de 20 euros e é precisa inscrición previa na OMIX antes do 5 de xaneiro. 

18 de decembro de 2015 | 10:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.