O Goberno de Ourense inicia unha rolda de contactos para explicar as liñas nas que se baseará o futuro PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Goberno Municipal de Ourense ten iniciada unha rolda de contactos para explicar as liñas nas que se baseará o futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal a todos aqueles colectivos e entidades interesados en coñecer polo miúdo os traballos que se están levando a cabo co equipo redactor.

Estes encontros suceden así ás reunións periódicas, de carácter técnico, que se mantiveron cos representantes municipais e cos técnicos do Concello e redactores do PXOM.

Na reunión desta tarde, á que asistiron o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro José Cudeiro, serviu para explicarlles aos membros da directiva da Federación Veciñal Miño os puntos programáticos de carácter xeral entregados previamente aos grupos políticos para  seu análise, incidindo principalmente nos temas que afectan á delimitación dos núcleos rurais e os solos periurnos da cidade. Tamén se lles deu conta dos temas informativos tratados na Comisión creada sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal e na que interveñen todos os grupos políticos. 

Sobre os puntos programáticos de carácter xeral, a Federación Miño amosouse receptiva e conforme cos puntos tratados, de tal xeito que deixaron patente na reunión o seu apoio aos mesmos.

15 de decembro de 2015 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.