O goberno da Coruña acorda aboar en xaneiro aos e ás funcionarias a parte pendente da paga extra que foi retirada polo Executivo central
O Goberno local acordou, “dado que a situación económica do Concello así o permite”, proceder a recoñecer, con cargo aos créditos orzamentarios de 2015, “a obriga de pagamento do 26,23% da paga extraordinaria do mes de decembro deixada de percibir polos e polas funcionarias municipais en 2012 debido a un decreto do Goberno central”. A intención do Executivo local é “proceder ao abono afectivo da parte da extra devengada en 2012 durante o próximo mes de xaneiro”.
Un recente informe de Tesoureiría vén avalar a decisión do Executivo coruñés, que desde o primeiro día se compromeu a dar aos e ás traballadoras municipais a parte da paga extra que “lles foi arrebatada polo Goberno central” entre finais de 2015 e principio do ano próximo, “sempre en función da situación económica na que se atopase o Concello”.











