O flamenco máis innovador chega a Vilagarcía cos gañadores do festival “El cante de las Minas”
O Auditorio de Vilagarcía acolle mañá a estrea en Galicia do espectáculo de flamenco máis innovador e de maior prestixio de España. Trátase do musical do Festival Internacional del Cante de Las Minas que xira este ano polas principais cidades portuarias de España. En Galicia só se poderá ver en catro cidades, a primeira Vilagarcía.
O Festival Internacional del Cante de las Minas é o máis antigo e, sen dúbida, si non o que máis, un dos principais festivais de flamenco do mundo. Ademais, é o único que ten un concurso con solera demostrada e con resultados claros. Non en van, foi berce de grandes artistas como Miguel Poveda ou Vicente Amigo. Como ben dixo o recente gañador do seu premio máis desexado Jeromo Segura, “la Lámpara Minera es la Champions League del Flamenco”.
O espectáculo da xira Las Minas del Puerto Flamenco terá lugar mañá, venres, no Auditorio, a partir das 22.00 e as entradas pódense adquirir a 20, 18 e 14 euros de forma anticip0ada a través de Ataquilla.com (máis custes de xestión) e o día da función no Auditorio a partir das 20:00 horas.
Tomando as cidades portuarias como elementos imprescindibles desta xira, dez artistas flamencos, gañadores de premios nas últimas edicións do festival del Cante de Las Minas de La Unión nos apartados de cante, guitarra, baile e percusión, saen de xira por una trintena de ciudades de España. Nomes tan recoñecidos como Ricardo Fernández del Moral, Eduardo Guerrero, Amador Rojas, Yolanda Osuna, Miguel Pérez, Jesús Corbacho, David Pérez, José Tomás Jiménez, Bernardo Miranda, María Canea, Óscar de Manuel, Cristina Tovar, Manuel Soto, Gema Giménez e Manuel Plantón Heredia uníronse neste ambicioso proxecto.
Las Minas Puerto Flamenco é un espectáculo singular de noventa minutos, no que los artistas desgranan, cada un na súa especialidade, o talento que lles fixo merecedores de ser gañadores e dan unha mostra da importancia do lexendario Cante de las Minas. Non se trata dun espectáculo flamenco ao uso, xa que os artistas interactúan os uns cos outros. Así, o cante, acompáñase das guitarras, e éstas polo baile e a percusión, frauta flamenca e caixón, ininterrumpidamente.
O de mañá é un espectáculo cargado de sensibilidade e imaxe; unha viaje pola la historia do flamenco que paseou polos portos de España xunto a Habaneras, Guajiras, Farrucas, Cañas, Coplas, Rondeñas, Seguiriyas, Tangos, Cartageneras, Tarantas, Soleás, Abandolaos, Verdiales, Peteneras, . Malagueñas, Alegrías, Fandangos o Bulerías son o menú principal deste cuadro flamenco.
A montaje do espectáculo realizado por Las Minas Flamenco Tour xirará ademais en torno á vida nos portos e aos seus traballadores, aos que se renderá homenaxe durante a actuación.











