publicidade hoxe

O filme ‘A vida de Adèle’ proxéctase este sábado no Centro Social de Bueu en dobre sesión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu na mañá de hoxe a rolda de prensa de presentación das actividades inseridas no programa “Nadal en galego” da Deputación na comarca do Morrazo. Nela estiveron presentes o deputado de Cultura, Xosé Leal, o alcalde de Bueu, Félix Juncal, a concelleira de Infancia e Xuventude, Silvia Carballo, a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o concelleiro de Ensino de Cangas, Xoán Chillón.

Este programa é complementario ao que organizan os propios concellos, e busca sobre todo combinar tres eixos principais que son “medio ambiente, lingua e comercio”, tal e como destacou o deputado de cultura. En concreto, estará O Apalpador o xoves 24 de decembro en Bueu, Moaña e Marín, protagonizado polo actor Anxo Moure, que virá acompañado do seu burro e dun músico cos que paseará polas rúas das vilas. En Bueu será ás 12 horas, e a Moaña e Marín fará sendas visitas pola tarde.

Ademais, a Deputación tamén traerá un dos espectáculos estrela a Cangas o vindeiro luns, 21 de decembro. A partir das 18 horas, pequenos e maiores poderán gozar de balde da actuación “Os Bolechas. A máquina do tempo” que transmitirá un valor lingüístico importante ademais dun respecto pola historia de Galiza.

Todos os asistentes coincidiron na labor que a Deputación está desempeñando na recuperación da cultura e da tradición, en contraste coa tendencia mercantil e de márketing que impera cada vez máis nestas datas.

O alcalde de Bueu aproveitou para salientar “ese cambio de relación no papel da relación cos Concellos, no cal nós somos os protagonistas; e un cambio de políticas de achegamento ás tradicións propias”. 

18 de decembro de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.