O Festival Mareléctrika posponse ao próximo mes de maio
Nace en Santiago de Compostela, Mareléctrika, un evento de gran magnitude que reunirá a grandes referentes da música electrónica na cidade compostelá. O evento será un Festival de Primavera nunha data e localización que determinarán proximamente desde a Organización e as Institucións colaboradoras.
O motivo do aprazamento é a prolongada xestión de tempos dos diversos espazos e que engadido á dimensión e expectativas que está a xerar o evento, impediu que as empresas aseguradoras consultadas contasen con tempo para ofrecer as coberturas e as garantías de calidade e seguridade dos participantes e ao público asistente.
Esta iniciativa, presentada por emprendedores e promotores composteláns en coprodución con empresas de gran implantación no sector, conta coa colaboración do Concello de Santiago e importantes patrocinadores que fan posible que este festival reúna a grandes referentes da música electrónica e teña lugar, por primeira vez, en Santiago de Compostela.











