O FC Meigas organiza o 1º Clinic para técnicos de Fútbol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesDeportes
A-
A+

Sábado 26 de decembro o Fútbol Club Meigas organiza, en colaboración co Concello de Ames, o primeiro Clinic para técnicos do Fútbol. A xornada impartirase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Bertamiráns, e dividirase en dous bloques de charlas. O primeiro comezará ás 9:30 e rematará ás 13:00 horas do mediodía; o segundo desenvolverase entre as 16:30 e as 20:00 da tarde.

Santi Valladares, adestrador do Santiago Futsal, abrirá a xornada coa ponenza ”O xogo de 1”, seguido por Mon Barreiro, 2º adestrador do Santiago Futsal que falará sobre ”O xogo de 2”. Tras unha pausa, ás 12:00, exporá ”Aspectos defensivos do 1×1 e 2×2” Adri Martiño, adestrador do equipo filial do Santiago Futsal e pechará a mañá Xabi López, preparador físico do Azkar Lugo coa charla ”O porteiro moderno”.

Pola tarde, ás 16:30, Mon Barreiro disertará sobre a ”Análise técnica do porteiro de Futsal”, Graciela Lois, psicóloga no Santiago Futsal, impartirá unha charla acerca da ”Dirección de equipos de base”. Trala pausa da tarde, ás 19:00 Santi Valladares continuará cunha exposición sobre ”O xogo de 3” e Adri Martiño pechará a xornada cunha exposición do ”Deseño de sesións e tarefas de formación”.

Para a información e inscricións pódese chamar ao teléfono 670518120 ou enviar un correo ao enderezo fcmeigas@gmail.com. O prezo por praza é de 20 euros, con posibilidade de redución para grupos (máis de tres persoas). Os monitores do Santiago Futsal pagarán a metade da tarifa e os de Ames poderán acudir ao evento de forma gratuíta.

7 de decembro de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.