O espectáculo “Xiqui xoque fiu fiu!” chega en tren a Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

Aproveitando as vacacións de Nadal, os espacios culturais e de ocio de Vilagarcía énchense de actividades dedicadas aos máis cativos. Neste contexto, oo Auditorio Municipal chega a todo tren o domingo, 27 de decembro, a locomotora María Fumaça, protagonista do musical infantil “Xiqui Xoque Fiu Fiu!”. As entradas xa se poden adquirir por 5 euros.

María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Docenas de artistas cantando a ledicia de vivir. Uxía, Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo, Magín Blanco, nuestro Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos… viaxan nun espectáculo e nun libro-disco, con CD e DVD, no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá.

María Fumaça é unha locomotora moi especial que recorre as nosas paisaxes desparramando boa música, ilusión e ledicia ao seu paso. Nos seus vagóns o ambiente é sempre de festa porque vamos de viaxe entre amig@s. Somos a gran familia María Fumaça, un montón de xente que cantamos e tocamos xuntos para divertirnos…

O musical será o domingo 27 ás 18:00 horas. As entradas poden adquirirse de xeito anticipado a través de www.Ataquilla.com (máis custes de xestión) e o día da función a partir das 16:00 horas no Auditorio.

14 de decembro de 2015 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.