O entorno do Pazo de Mos acollerá o ‘I Mercadillo de Nadal’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Mañá sábado 19 de decembro, a partires das 12.00 horas e ata as 19.00 horas, celébrase, no entorno do Pazo de Mos e na rúa peonil, o ‘I Mercadillo de Nadal’, unha iniciativa impulsada polos comercios do entorno (Tapería O Alpendre, GAR-VIN Estilistas e O Bo Camiño), en colaboración co Concello de Mos.

Nesta primeira edición do mercadiño, os visitantes poderán mercar, entre outras cousas, artesanía e roupa, nun total de 20 postos, entre os que se atopan as asociacións ASO-DI-FISI, Excravas da Virxe Dolorosa de Mos, e a Protectora de Animais de O Porriño. 

Ademais contarase coa presenza do indiscutible protagonista destas datas, Papá Noel, que recollerá cartas, regalará caramelos, e escoitará as peticións que os máis cativos da casa teñen que facerlle. 

18 de decembro de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.