publicidade hoxe

O DOG publica a licitación das obras dunha senda peonil entre Fonte Díaz e o empalme do Vilar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación do concurso para a execución das obras dunha senda peonil destinada a mellorar a seguridade viaria na estrada autonómica AC-240, entre Fonte Díaz e o empalme do Vilar, no Concello de Touro.

Estas actuacións teñen un orzamento de 500. 914,17 euros e a previsión de executalas no ano 2016. Contan co cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

O proxecto define a execución de sendas de formigón polas dúas marxes da estrada entre Fonte Díaz (PK 12+900) e o empalme de Vilar (PK 25+800), en treitos descontinuos que complementarán ás beirarrúas e senda xa existentes nalgúns tramos. O seu obxectivo é dotar a este treito da estrada dunha zona diferenciada para o tránsito de peóns. 

Coa solución prevista a estrada contará cun itinerario peonil continuo pola súa marxe marxe dereita en todo o tramo de actuación e tamén con sendas nos tramos mais consolidados da marxe esquerda. Para isto, construiranse mais de 5,5 quilómetros de nova senda, discorrendo  case 1,7 qm pola marxe esquerda e cerca de 3,6 qm pola marxe  dereita, e repararanse mais de 650 metros de tramos xa existentes. As obras levaranse a cabo na zona de dominio público do vial, polo que non se precisarán expropiacións. 

Adoptaranse distintas tipoloxías construtivas en función do espazo dispoñible e dos usos consolidados nas marxes da estrada. As diferentes solucións permitirán tanto a circulación dos peóns, coma a axeitada drenaxe da estrada. 

A Consellería que dirixe Ethel Vázquez aposta por este tipo de actuacións, coas que se facilita a circulación en condicións de maior seguridade para o conxunto dos usuarios e ademais se fomenta unha mobilidade peonil máis respectuosa co medio ambiente, alternativa ao uso do vehículo privado.

18 de decembro de 2015 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.