O departamento de Xuventude de Vilagarcía pon en marcha unha ludoteca de Nadal dedicada ao arte
O Arte, a través das súas diferentes manifestacións, é o leitmotiv Ludoteca de Nadal que hoxe pon en marcha a Concellería de Xuventude e na que tomar parte 30 nenos e nenas. A través dun divertido e orixinal programa que leva por título “Agasallarte” os cativos tomarán contacto a través do xogo con diferentes estilos e técnicas artísticas e poderán deseñar e crear os seus propios agasallos artísticos de Nadal realizando postais tipo vidrieiras góticas ou collage inspirados na obra de Van Gogh, adornos cubistas para a árbore de Nadal ou cadros abstratos simulando a Kandinsky. Haberá tempo para os contos, para cociñar e mesmo para organizar unha gran festa de fin de ano con tómbola incluída.
A diversión na ludotecas de Nadal “Agasallarte” comezou hoxe no ximnasio do colexio da Escardia coa presentación da cuadrilla Gotelé, un grupo de amigos afeccionados ao arte que será o encargado de presentara cada día as diferentes actividades a levar a cabo presentando aos artistas a través dunha dramatización, falando dos seus cadros e das técnicas que utilizaban.
Na xornada de hoxe, os participantes farán unha viaxe no tempo guiada polos monitores para coñecer o estilo gótico a través das vidrieiras que decoran moitas catedrais e edificios desta época. Os cativos farán equipos para elaborar as súas propias vidrieiras e participarán nun xogo de pistas que versará sobre as catedrais góticas. Para finalizar, cada nenos elaborará o seu sobre da amizade.
Este esquema, con digferen tes artistas e técnicas repetirase cada día para ir completando o programa que inclúe obradoiros nos que practicarán técnicas como so soplado, riscado, puntuillismo, cubismo ou estarcido, ademais dun obradoiro de caracterización e outro de escultura na que se traballará con palillos e poliespán.
Os cativos terán a súa Festa de Fin de Ano con baile ensaio da toma das uvas, unha tómbola e concurso de cociña NadalChef no que, por grupos, deberán preparar algunha que outra receita para degustar na celebración.
E a ludoteca non esquecerá o apartado de idiomas, xa que nos xogos populares previstos na axenda, monitores e alumnos deberán expresarse en inglés.
A Concellería de Xuventude que dirixe Sonia Outón organiza cada ano a Ludoteca de Nadal como alternativa socio educativa e de ocio para os nenos durante as vacacións escolares, así como unha medida de apoio á conciliación laboral e familiar. Trátase dun servizo gratuíto, adxudicado por sorteo público entre os demandantes, e que se desenvolverá en horario de mañá. A prestadora de servizos socio educativos e socio comunitarios, Ágora Aberta é a firma contratada polo Concello para desenvolver a Ludoteca de Nadal.











