publicidade hoxe

O departamento de Cultura programa cinco espectáculos dirixidos a público familiar e infantil con motivo da tempada de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O Pazo da Cultura de Narón acollerá este mes de decembro unha variada programación dirixida maioritariamente ao público infantil con motivo destas datas de Nadal. Así o anunciou a concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, que destacou a calidade das actuacións que se sucederán nas citadas instalacións culturais municipais desde este mércores ata o vindeiro 3 de xaneiro. “O teatro, a música e a maxia protagonizarán os diferentes actos, aínda que a danza ocupará un lugar especial a principios de ano, cun espectáculo dirixido a adultos”, avazou a edil,  animando á veciñanza a acudir a estas citas aproveitando estas festas e este periodo de vacacións escolares.

A compañía Nacho Villar Producciones estará este mércores, día 23, no Pazo da Cultura, representando a obra “El mago de Oz”, no que a música ocupará un papel protagonista. A programación continuará, tal e como explicou a concelleira de Cultura, o día 28 de decembro co show “Volta á maxia”, de Dani García, pensado para o público familiar e infantil. O día 29 a compañía Monicreques de Kukas representará a obra “A frauta máxica no Maxín”, un espectáculo dunha hora de duración e a programación deste mes rematará o día 30 con Borobil Teatroa, que representará a comedia “Alí Babá”.

O prezo da entrada para os citados espectáculos, que comezarán todos ás 18.00 horas, é de 9,50 euros para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 6,65 para desempregados.

O programa deseñado desde a Concellería de Cultura para o Nadal rematará o 3 de xaneiro co ballet “El Lago de los Cisnes”, unha cita pensada xa para un público adulto e a cargo de Concerlírica. O espectáculo, de algo máis de dúas horas de duración, comezará ás 19.00 horas e o prezo das entradas é de 22 euros para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 15,40 euros para desempregados.

21 de decembro de 2015 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.