O Conservatorio de Tui organiza un curso de Saxofón que impartirá Rafael Yebra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O Conservatorio Profesional de Música de Tui organiza a próxima semana un curso de saxofón “Aula aberta de saxofón 2015-2016”. Será o próximo luns 21 e martes 22, en horario de mañá e tarde, a cargo do profesor Rafael Yebra, profesor do Cmus.

As clases terán lugar nas dependencias do Conservatorio de Tui e contan coa colaboración do Concello de Tui, a través da Concellería de Cultura e da Asociación “Fray Rosendo Salvado.

Os interesados poden acadar máis información e inscribirse no teléfono 986 60 44 04 ou no propio Conservatorio.

15 de decembro de 2015 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.