O Concello garda un minuto de silencio polos asasinatos en Kabul

Minuto de silencio na Guarda
O Concello da Guarda convocou para hoxe, ás 12 horas, un minuto de silencio polo asasinato, o pasado venres, de dous axentes en Kabul. Este Concello súmase a dor das familias dos falecidos e o rexeitamento a calquera manifestación de violencia e terrorismo.











