O Concello de Vilagarcía substitúe a maquinaria do bombeo da torre cunha subvención de parques nacionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello substituirá nos vindeiros días a maquinaria da estación de bombeo do servizo de augas residuais da Torre. A mellora lévase a cabo a través dunha subvención concedida a través da axudas para municipios con Parques Nacionais e decidiuse destinar a melloras na rede de saneamento a efectos de reducir o risco de vertidos que van a parar ao mar e que, polo tanto, prexudican a imaxe de Cortegada e a súa contorna.

A subvención concedida por Parques Nacionais ascende a 18.000 euros e cobrouse en dúas anualidades. A correspondente ao ano 2015 destinouse á adquisición e instalación dos novos bombeos que xa están operativos na estación do Rial que se quedara obsoleta e se avariaba con frecuencia. Esta segunda axuda servirá para renovar por completo a maquinaria da estación do barrio da Torre para darlle máis potencia e capacidade de bombeo.

O Concello colabora no financiamento destas actuacións sufragando o importe correspondente ao IVA.

1 de decembro de 2015 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.