O Concello de Vilagarcía pon en marcha unha enquisa sobre o desenvolvemento urbano sostible da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

De acordo coa convocatoria de Fondos Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), o Concello de Vilagarcía está a elaborar, coa asistencia técnica de Eptisa, a mesma empresa que desenvolve a revisión do Plan Xeral, unha Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI). Nese traballo é fundamental contar coa participación cidadá e de aí a posta en marcha dunha enquisa na que os veciños poderán expresar libremente a súa opinión non só sobre os problemas que ao seu xuízo afectan actualmente á cidade senón tamén as súas ideas para o futuro. Os fondos Feder teñen previsto para os concellos de Galicia e dentro desa estratexia DUSI arredor de 80 millóns de euros; a convocatoria hai meses que se fixo a través do Ministerio de Facenda, pero non foi ata a chegada do actual goberno cando se decidiu sumar a Vilagarcía a esta convocatoria.

A enquisa se realizará por vía telemática e estará dispoñible dende primeira hora de mañá na web municipal. Se accederá a través dun banner ben visible en portada. A consulta consta de algo máis de trinta preguntas, nas que normalmente hai que puntuar de 1 a 5 en función do grao de importancia que se lle concede a cada un dos asuntos que se plantean, pero tamén hai espazos para que o internauta poida facer a proposta ou proposta que considere oportuna. As respostas son anónimas.

Logo dunha simple definición do perfil internauta –residencia, sexo, idade, situación laboral-, a enquisa se centra na detección dos principais problemas e retos da cidade: degradación do patrimonio cultural e natural, crecemento da desigualdade, transporte público, implementación das novas tecnoloxías… e a partir de aí se formula unha análise DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades), na que os veciños poden axudar a identificar e valorar cada cuestión segundo a súa importancia: desemprego, contaminación, aparcamentos, mobilidade urbana, fenda dixital, calidade de vida, praza de abastos, etcétera. Por último, a enquisa se centra na posta en marcha das distintas estratexias, establecendo así as prioridades. Finalmente, os veciños/internautas teñen un espazo para expoñer aqueles proxectos que considera de interese a desenvolver na Vilagarcía do futuro.

O alcalde, Alberto Varela, anima aos veciños a participar nesta consulta, posto que o conxunto de respostas axudarán a configurar unha cidade máis preta dos cidadáns e das súas inquedanzas.

15 de decembro de 2015 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.