O Concello de Vilagarcía advirte do cambio de emprazamento e da creación de mesas electorais para os comicios do 20D
O Concello de Vilagarcía advirte aos cidadadáns de que a distribución de mesas electorais de cara aos comicios do domingo 20D cambia sensiblemente respecto á anteriores citas electorais. Os cambios afectan especialmente aos colexios electorais do CEIP da Escardia e aos de Carril xa que nuns casos créanse novos puntos de voto e noutro trasládanse os existentes.
Xunta Electoral remitiu ao Concello o listado dos centro de voto para as eleccións xerais do 20D e a distribución de mesas. O número de colexios mantense como nas anteriores citas coas urnas, sendo un total de 25, coa única salvidade do cambio de emprazamento do da oficina municipal de Carril, que se traslada integramente ao CEIP Rosalía de Castro, onde ademais créase un terceiro punto de sufraxio, pasando de 2 a 3 mesas.
O cambio que máis pode despistar aos electores é o que se produce no colexio da Escardia onde ademais de crearse unha nova mesa, traslándanse outras tres ao Auditorio Municipal. Esta modificación faise debido a limitación de espazo físico para acomodar tantos puntos de sufraxio e para facilitar a movilidade dos electores dun dos colexios con maior censo do municpio.
Pero a variación máis notable é a que corresponde ao número de mesas electorais xa que créanse 7 novos puntos, a efectos de facilitar o voto aos cidadáns e o reconto posterior dos mesmos. O desdobre faise naquelas mesas que tiñan os censos máis numerosos. Estas novas mesas estarán no colexio A Escardia, Fexdega, Auditorio, Centro Socio Cultural e Deportivo de Vilaxoán, o colexio Rosalía de Castro de Carril e o colexio A Lomba.











