O Concello de Pontevedra aproba proxectos de mellora da mobilidade para Campañó e Lourizán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno Local deu hoxe luz verde a dous novos proxectos de mellora da mobilidade, accesibilidade e seguranza viaria no rural. As actuacións, que sairán a licitación, desenvolveranse nas parroquias de Campañó e Lourizán.

O portavoz do Goberno Local, Raimundo González Carballo, informou que no proceso de adxudicación valorarase tanto o prezo ofertado como a inclusión de accións complementarias como a mellora da capa de asfalto ou a construción de pasos de peóns sobreelevados (lombos).

A mellora en Campañó afectará a estrada que vai de Sabarís a Cabaleiro. O proxecto sairá a licitación por 241.890,23 euros. A segunda actuación será no lugar de Carballeira-Lourizán e neste caso o prezo de licitación será 235.643,5 euros.

7 de decembro de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.