O Concello de Ourense aproba seis novas obras
Na XGL que se celebrou esta mañá ás 09.30 horas, aprobouse a adxudicación de seis obras na cidade. Sumadas á aprobada onte, (rúa do Pazo, Eiroás, por 88.575,94 euros, cunha rebaixa do 30,08% con respecto ao prezo de licitación, de 126.681,85 euros), o Concello de Ourense conseguiu salvar sete obras de gran importancia por un importe global de 974.785,47 euros.
As obras adxudicadas foron as seguintes:
Obras do proxecto modificado de instalación eléctrica de baixa tensión para videovixilancia no polígono empresarial de Seixalbo á empresa Galega de Enxeñería e Instalacións, SL, por un importe de 72.765,32 euros. Supuxo unha rebaixa do 24% con respecto ao prezo de licitacion (105.018,50€)
Obras de asfaltado da rúa Capela, Pazo e Canedo no núcleo de Eirasvedras a Obras, Pavimentos e Instalaciones Industriales SL por un importe de 61.470 euros. Supuxo unha rebaixa do 21,91% con respecto ao prezo de licitación (78.717,46€)
Obras do proxecto de rehabilitación da pasarela peonil sobre o rio Barbaña a Inlastime, SL, por un total de 73.966,09 euros. Supuxo unha rebaixa do 30,57% con respecto ao prezo de licitación 100.499,56€
Obras do proxecto de rehabilitación do firme e mellora da accesibilidade da rúa do Mercado a Construcciones Orega SL, por un total de 76.133,96 euros. Supuxo unha rebaixa do 25,17% con respecto ao prezo de licitacion (101.742,56€)
Obras do proxecto de urbanización da rúa Concello á UTE: Proyecón Galicia SA – Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa, SL, por un importe de 506.850 euros. Supuxo unha rebaixa do 33,84% con respecto ao prezo de licitación (766.124,39€)
A última adxudicación aprobada hoxe foi a das obras do proxecto de saneamento na Besada, en Santa Mariña, a Construcciones y Promociones CruzVal, SL, por un importe de 95.022,84 euros. Supuxo unha rebaixa do 25,8% con respecto ao prezo da licitación, que era de 128.063,12 euros
O alcalde, Jesús Vázquez, sinalou esta mañá que “acabamos de ter, pois, unha das XGL máis importantes de todo o ano, pois conseguimos salvar in extremis importantísimas actuacións contempladas dentro do Plan de Investimentos. Lembramos que o pasado 15 de outubro asinamos un acordo coa Deputacion de Ourense para poder salvar estas obras mediante o cofinanciamento, tendo en conta que sen esta posibilidade, as obras terían que estar rematadas a día de hoxe. Co acordo que adoptamos en outubro, a condición era que as obras tiñan que estar adxudicadas a día de hoxe, como ao final conseguimos”.
“Non foi doado acelerar unhs trámites que estaban totalmente paralizados cando chegamos ao goberno. As obras desta envergadura precisan de moitos meses de traballo na súa tramitación. Tivemos que comezar de cero, prácticamente. Por iso quero reiterar, unha vez máis, o intenso traballo que levaron a cabo os funcionarios deste Concello. A todos eles, toda a miña gratitude, as miñas máis sinceiras grazas en nome de Ourense”, concluiu o rexedor.











