publicidade hoxe

O Concello de Mos informa dun número de teléfono gratuíto para solventar incidencias no sinal de televisión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O concelleiro de Novas Tecnoloxías mosense, Óscar Soto, informa ós veciños e veciñas de Mos de que no caso de sufrir incidencias co sinal do seu televisor, dipoñen dun número de teléfono de contacto gratuíto donde os atenderán e lles enviarán, tamén gratis,  a un técnico especializado se fose necesario.

As incidencias co sinal de televisión que se están a rexistrar no Concello de Mos e no resto da provincia están causadas polo despregamento da rede 4G.

Aqueles veciños que puideran verse afectados por incidencias no sinal de televisión das súas vivendas, poden chamar ó teléfono de asistencia 900 833 999 para que lles envíen un técnico de Inspección de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que llas solventará 

Ditas incidencias veñen motivadas polos traballos previos para que as operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange, comecen a ofrecer a partir do 20 de xullo servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, operativa dende abril de 2015; o que permitirá ós usuarios gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G), cunha mellor cobertura no interior dos edificios e dispoñibilidade do servizo nunha maior extensión xeográfica.

Segundo o establecido no Real Decreto 805/2014, do 19 de setembro, con data 1 de abril de 2015 procedeuse á liberación das frecuencias entre 790 e 862 MHz (canles 61 ó 69 de UHF), que ata entón empregábanse para a recepción da televisión dixital terrestre, proceso tamén coñecido como Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil 4G e de ahí as interferencias cos receptores de televisión que se poden estar a producir estes días.

7 de decembro de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.