O Concello de Lugo implica aos lucenses na elaboración dunha candidatura para conseguir novos fondos europeos para a cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

No marco da súa aposta pola participación cidadá como liña mestra da acción municipal, o Concello decidiu implicar aos veciños e veciñas de Lugo na elaboración dunha candidatura para conseguir novos fondos europeos para a cidade, concorrendo ao programa de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (DUSI), financiado polos FEDER. O obxectivo desta convocatoria é aproveitar os recursos históricos e medioambientais da cidade para impulsar o seu desenvolvemento e proxección.

Co fin de que os cidadáns e cidadás participen na definición dos retos, problemas, prioridades e liñas de actuación a contemplar no proxecto que concorrerá aos fondos europeos, e de que o poidan facer dunha maneira rápida e sinxela, o Concello colgou unha enquisa na súa páxina web –www.lugo.gal-, que dende hoxe mesmo poden cubrir e enviar vía on line, ata o día 31 de decembro.

Con estas bases, un equipo técnico de traballo, xa constituído, elaborará o proxecto que se presentará ao DUSI. O prazo para facelo remata a mediados de 2016.

17 de decembro de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.