O Concello de Lugo convocará 36 prazas de persoal funcionario e laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Lugo, composta por Goberno e sindicatos, aprobou nunha reunión celebrada na mañá deste martes a convocatoria de 36 prazas de persoal funcionario e laboral, correspondentes á oferta pública de emprego 2015. Nela inclúense prazas cubertas interinamente, as cubertas por traballadores en execución de sentenza, as vacantes na Policía Local procedentes das xubilacións do ano 2014 e as de promoción interna, segundo explicou o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro.

Unha vez aprobada na Mesa de Negociación, a oferta de emprego recibirá luz verde na Xunta de Goberno do vindeiro mércores 23 de decembro para seguidamente poñerse en marcha os procesos selectivos para cada posto.

Das 36 prazas a convocar, 32 son de persoal funcionario (entre elas, 6 de bombeiro/a e dúas de Policía) e 4, de persoal laboral.

Prazas de persoal funcionario:

– 2 de técnico de Administración Especial, unha libre en execución de sentenza e outra de quenda libre.

– Unha de enxeñeiro técnico agrícola, en quenda de promoción interna.

– Unha de axente de emprego e desenvolvemento local, quenda libre, en execución de sentenza.

– Unha de enxeñeiro de camiños, canais e portos, quenda de promoción interna.

– Unha de técnico medio da área económica, consolidación de emprego temporal.

– 2 de educador social, quenda libre, en execución de sentenza.

– Unha de técnico medio de xestión, promoción interna.

– Unha de técnico en xardín de infancia, quenda libre.

– 6 de administrativo, quenda de promoción interna.

– Unha de delineante, quenda libre.

– 2 de Policía Local, quenda de mobilidade.

– Unha de oficial lector de contadores, quenda libre, reservada a discapacitados.

– 3 de auxiliar administrativo, quenda libre.

– 6 de bombeiro/condutor, quenda libre.

– Unha de oficial sepultureiro, quenda de promoción interna.

– Unha de axudante de cociña-limpeza, quenda libre, reservada a discapacidade intelectual.

– Unha de celador de colexio, quenda libre, reservada a discapacitados.

Prazas de persoal laboral:

– Unha de oficial albanel, quenda libre.

– Unha de auxiliar do fogar, quenda de consolidación de emprego temporal

– Dúas de peón, quenda de consolidación de emprego temporal.

A de 2016, no primeiro trimestre

O Concelleiro de Persoal adiantou que o Goberno xa está traballando na elaboración da oferta pública de emprego do 2016 co fin de aprobala ao longo do primeiro trimestre do ano.

15 de decembro de 2015 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.