O Concello de Ferrol destaca a labor da cociña económica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, realizou esta mañá unha visita á Cocina Económica para coñecer de primeira man os datos e a situación da entidade nestas datas de Nadal.

Beatriz Sestayo resaltou que se trata dunha visita máis das que xa se realizaron á Cociña Económica e aproveitou para lembrar que o próximo domingo se celebra o “Día Internacional da Solidariedade Humana”, polo que fixo “un chamamento á solidariedade nun lugar tan especial preparado para a vida en dignidade”.

O presidente da Cociña económica, Antonio Tostado, agradeceu a colaboración e o apoio do Concello de Ferrol e sinalou que se ten rexistrado un leve repunte no número de usuarios, con 130 diarios no comedor e atendendo a 135 persoas para recollida de comida que teñen menores ao seu cargo. 

18 de decembro de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.