O Concello de Ferrol convida aos cidadáns a unha chocolatada solidaria
A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol anima aos cidadáns a asistir a unha chocolatada solidaria que terá lugar ás 18:00 horas desta tarde, no Cantón de Molíns, no marco do inicio do Nadal Solidario que se desenvolverá dende esta tarde ata o 5 de xaneiro.
O Nadal Solidario conta con 11 postos, ademais dun informativo do Concello, no que se ofrecen produtos de artesanía e ecolóxicos. Estarán abertos todos os días de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.
Como acto inaugural do Nadal Solidario, ás seis da tarde convídase a todos os cidadáns a unha chocolatada gratuíta que terá lugar na carpa instalada no Cantón de Molíns.
O sete por cento das ventas que se produzan no Nadal Solidario será entregado a unha entidade do ámbito da solidariedade, que será determinada e elixida en xaneiro.











