publicidade hoxe

O Concello da Laracha outorga quince premios nos concursos de postais e conto de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Os membros do xurado dos concursos de Nadal de postais e de conto convocados polo Concello da Laracha reuníronse na biblioteca municipal da Laracha para valorar os preto de trescentos traballos presentados entre ambos certames polos alumnos de todos os centros de educación infantil e primaria que existen no municipio. Dito xurado estivo formado por Patricia Bello -concelleira de área de ensino, cultura e deportes- a directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, a responsable da biblioteca e representantes dos colexios da Laracha, Paiosaco e Caión.

Ao concurso de postais presentáronse traballos colectivos realizados por todos os alumnos de aulas de educación infantil. O resto das postais elaboráronse de xeito individual e os premios foron outorgados por grupos de idade, diferenciando entre o primeiro e o segundo ciclo.

O concurso de conto mostrou a imaxinación e facilidade para a escritura dos participantes, sendo sempre a título individual, tal e como establecían as bases do certame, contando neste caso con alumnos do terceiro ciclo de educación primaria como únicos participantes. 

Os quince premios outorgados polo xurado serán entregados aos gañadores nun acto que se desenvolverá o sábado a partir das 13:30 horas na Casa da Cultura da Laracha. Consistirán en xogos e en material educativo acorde ás idades de cada un dos premiados.

Premiados no Concurso de Postais 

Categoría A (educación infantil)

- Aula de 4º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.

- Aula de 4ºC do CEIP Otero Pedrayo da Laracha.

- Aula de infantil do CEIP de Caión.

- Escola unitaria EEI de Cumiáns (Montemaior).

- Escola unitaria CEIP A Revoltiña (Soandres).

- Aula de 6º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.

Categoría B (primeiro ciclo de educación primaria)

- Daniela Pampín Rey (1º do CEIP de Caión).

- Salma García Gullet (1ºA do CEIP Otero Pedrayo da Laracha).

- Rubén Brandón Señarís (1ºA CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco). 

Categoría C (segundo ciclo de educación primaria)

- Nicolás Suárez Iglesias (4º do CEIP de Caión).

- Pedro Méndez Ezcurra (4ºA do CEIP Otero Pedrayo da Laracha).

- Abel Ponte Castiñeiras (4º de primaria do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco).

Premiados no Concurso de Conto (dirixido a estudantes do 3º ciclo de primaria) 

- Sofía Alonso Mesías (6º de primaria do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco) por A maxia do Nadal.

- Pedro Fariña López (5º de primaria do CEIP de Caión) por A fantástica aventura de Noiteboa.

- Ana García Álvarez (6º de primaria do CEIP Alfredo Brañas) por El gran viaje de Carla.

16 de decembro de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.