O Concello da Coruña convida á cidadanía a participar este martes na recepción de Nadal no Pazo de María Pita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Goberno local da Coruña, dentro da súa líña programática e política que pasa por “abrir o Concello á cidadanía”, convida a todos e todas as veciñas da cidade a participar mañá no tradicional acto da recepción institucional de Nadal, que terá lugar a partir das seis da tarde deste martes, 22 de decembro, no Pazo de María Pita. O evento servirá para que tanto o alcalde, Xulio Ferreiro, como os e as integrantes da Corporación Municipal, departan cos e coas cidadás, así como cas e cos representantes das principais entidades do municipio.

A apertura de portas para a recepción dos e das invitadas comenzará ás 18.00 horas deste martes. A entrada será libre até completar o aforo. No acto de mañá, tamén se procederá a entrega de premios para os e as gañadoras do concurso de fotografía convocado polo Concello, e que culminou coa edición do almanaque municipal do ano 2016. Tanto o rexedor, como distintos membros do Goberno local e os portavoces das distintas formacións entregarán os galardóns aos e ás 13 gañadoras desta edición, compostos por un curso de fotografía Lightroom, un exemplar de O eterno feminino , de Xosé Abad e un ano de acceso gratuíto aos museos municipais coruñeses, ademais de 10 exemplares do calendario.

Posteriormente, a partir das 19.00 horas, terá lugar a recepción institucional de Nadal no Salón de Plenos do Concello, no que tanto o alcalde que fará unha intervencióncomo os e as concelleiras e o resto da Corporación Municipal recibirán aos e ás convidadas. O acto rematará en torno ás 20.00 horas. Cada persoa que asista recibirá á saída un calendario municipal.

21 de decembro de 2015 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.